ENSINANZAS ARTÍSTICAS NA UNIVERSIDADE

xoves 09 agosto 2012

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE SINATURAS POLA ADSCRICIÓN E A INTEGRACIÓN NA UNIVERSIDADE DAS ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES


Amigas e amigos:

As ensinanzas artísticas superiores son ensinanzas vinculadas co Deseño, a Música, a Arte Dramática, a Conservación e Restauración de Bens Culturais, a Danza...

Tradicionalmente estas ensinanzas teñen padecido unha considerable discriminación ata que coa LOXSE pasaron a equipararse ás ensinanzas universitarias, como equivalentes a Licenciaturas ou Diplomaturas.

Coa chegada da LOE, estas ensinanzas son equiparables aos títulos de Grao que se imparten nas universidades. Sen embargo a equivalencia de títulos non supón outras equivalencias e por iso estas ensinanzas se están impartindo en centros que a todos os efectos son centros de secundaria, o que afecta gravemente aos dereitos do seu alumnado, ás infraestruturas dos centros, ás súas dotacións e ao seu funcionamento, por non falar das condicións do profesorado.

Desde hai algún tempo creamos unha Plataforma pola integración das ensinanzas artísticas superiores da universidade, coa finalidade de poñer en marcha un proceso que permita unha secuencia de adscrición e posterior integración destas ensinanzas na universidade, como acontecei cos Institutos Nacionais de Educación Física.

Hai días unha delegación desta Plataforma mantivo unha entrevista co Ministerio, que acolleu con moito interese as propostas presentadas, como se pode ler no informe en: 

http://www.eeaassuniversidad.guidoblogs.org/?page_id=184

Na mesma páxina hai outros documentos importantes en relación coas demandas da Plataforma.

O Ministerio está pola labor, pero debemos facerlle ver que as persoas que piden esa integración na universidade son moitas, e por iso iniciamos unha campaña de recollida de sinaturas. 
Se estás de acordo en que as ensinanzas artísticas superiores deben estar na Universidade, non deixes de asinar. Para facelo hay que ir a:

http://www.change.org/es/peticiones/una-oportunidad-historica-para-las-ense%C3%B1anzas-artisticas-superiores

Pero tamén che pedimos que difundas esta mensaxe entre todas as persoas que poidas para sumar o maior número posible de sinaturas.

Grazas,

Manuel F. Vieites 





Comentarios

A good blog always comes-up with new and exciting information and while reading I have feel that this blog is really have all those quality that qualify a blog to be a good one.

enviado por DanielHeller o 04 agosto 2017 ás 11:31 AM CEST
Sitio web:: http://https://www.writemyessayz.co/ #



Enviar un comentario

Nome:
Correo electrónico:
URL:
O teu comentario:

sintaxe html: deshabilitado